A vida que retorna

Ogano torna a enerxía de noutrora. É un retorno á vida activa, ao equilibrio entre o corpo e a mente, unha volta á alegría sana e espontánea que nace da fondo da alma e tamén do corpo. É unha sensación de que non todo está vivido, de que non todo está perdido.
É como comezar unha terceira vida. E, con todo, fican algunhas cousas do mellor que tivo esta segunda vida, acaso xa andada, acaso xa consumida. Non se pode recomezar desterrando absolutamente todo o que temos gañado. Non se pode desandar totalmente o camiño andado. E menos cando tratamos de recuperar a enerxía que nos deu a nosa primeira vida e que logo fomos perdendo.
Acaso non dure nada do que hoxe estou gozando. E volvan días de pranto, de berros e de sombras. Mais hoxe brua fóra o temporal, e seguen a correr as galernas do inverno, mentres no noso corazón hai calma de novo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s