Medrar

Antes era doado. A pesar dos medos. Non vira aínda unha década do tempo que me tocou vivir sobre a terra e xa era consciente de que ser maior non era o mellor que me podía pasar. Pero tampouco era cousa de ficar. O río sempre levaba a auga río abaixo. E o vento Sur sopraba nas nubes montaña arriba. Sempre foi. É lei de vida.

So que agora, coa rótula totalmente calcificada, cando xa vivín como pouco dúas vidas, non é tan doado saber que vén despois. Medrar xa non é unha cuestión biolóxica. Por iso as incertezas deste tempo son ben outras. Non hai marcos na terra para os límites. O ceo, ben certo, é libre. Pero andar ceibes e sen roteiro non é hábito entre nós.

Párome e penso: teño algúns rascuños en papel sobre o que farei mañá. E tarefas postas, para min e para a miña xente, cando menos ata que volte o frío. Pero non hai case rotinas na miña vida. Acaso as máis básicas, para erguerse, nese riscar do día artificial e constante que gozo e sufro; tamén para deitarse. O resto, son vieiros trazados no vento.

Velaí o espazo simbólico onde trato de erguer as pólas da alma.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s