Lealtade

Non se improvisa. Acaso porque a única importante acontécelle a cada quen consigo mesmo. Pero, ao cabo, quen non mantén lealtades, alén do propio embigo, carece dunha perspectiva humana da existencia. Non é que non teñamos dereito a mudar de opinión, de compañías, mesmo de bando, que a vida dá moitas voltas. Acontece ás veces que a única maneira de permanecer fiel aos propios principios é ir mudando de comaradas.

Pero todo ten un límite. Seguro que non hai nada tan inmutable que non se poida cuestionar. Tampouco ninguén tan relativo que non mereza que permaneza o noso corazón e a nosa vida por un tempo ao seu carón.

Diría incluso máis. Quen non pode mostrar lealtades, carece de convencementos. E conduce a súa vida entre o egoísmo e a traizón. Quen só exhibe lealtades, carece de convencementos. E conduce a súa vida entre o gregarismo e o fanatismo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s