Igualdade

Asistín na Coruña esta mañá á inauguración da Campaña “Te corresponde / nos corresponde” da Cruz Vermella Española sobre a conciliación da vida persoal, familiar e laboral… e sobre as disparidades de xénero no mercado de traballo. Na web da campaña http://www.tecorrespondenoscorresponde.org/ pódese consultar toda a información dispoñible. O enfoque é empregar o humor para explicar unha realidade que non ten graza. Por iso o microsite da campaña leva ese nome: http://www.enrealidadnotienegracia.org/. Porque sen conciliación perdemos todos e todas. Só que elas perden máis ca nós.

Acaso sexa a empresa, e esta é a insistencia desta campaña, quen maior responsabilidade ten para facer posible o que na Lei é unha realidade e na práctica unha utopía. Pero non é menos certo que memtres os homes utilicemos posicións de poder que están na sociedade como ferramenta de opresión na parella (por fas ou por nefas) as declaracións marcharán por un lado e a realidade por outro.

Estamos, de verdade, dispostos -os homes- a que as cousas cambien, comezando polas pequenas cousas que están na nosa man e que non nos dá a gana de facer no fogar?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s