Guerras

Pedíranme de Avaaz unha sinatura para establecer unha zona de exclusión aérea en Líbia. Os países da Tripolitania, como o resto do Magreb, Exipto, a Península Arábiga e os países denominados árabes en xeral andan revoltos. Pero houbo quen entendeu que tiña que aproveitar as revolucións -burguesas e liberais en certo modo, pero preñadas de carraxe, de dignidade musulmana e de afirmacións étnicas tamén, fronte ao nacionalismo árabe- para traer máis guerra a Oriente Próximo, coa excusa da intervención humanitaria e co negro fondo do petróleo como bandeira.

Lin hai ben anos a “Versant sud de la liberté”; tantos que non podo deixar de simpatizar coa aparición do individualismo moderno nas sociedades musulmanas en particular e nos países en desenvolvemento en xeral. Matizo que aínda é posible crer no desenvolvemento da xente, na medida que unha metade da humanidade, non a máis pobre, pero tampouco a máis rica, está a conquistar con esforzo os obxectivos do Milenio, verbo da redución da fame e do analfabetismo, e fronte aos profetas da imposibilidade, conformistas e aliados do desorde establecido.

Considero oportuno dicir que as miñas breves estadías en Oujda e nas terras orientais do Al Magreb (Marrocos para os “occidentais”) afondaron no meu convencemento de que existe unha base humana, profesional e ética, para mudar as condicións políticas e sociais dos países árabes. Pero que son os lazos que unen os poderes deste mundo cos tiranos da nosa Ribeira Sur os que dificultan unha saída. E que a relixión non ten por que constituír un elemento retardatario do cambio, salvo que fique como única saída fronte ás dictaduras.

Pero teñen que ser as sociedades civís emerxentes quen conquisten as liberdades, paso a paso e con equivocacións. Os atallos (intervencionismo humanitario) e a guerra só favorecen aos poderosos de ambas ribeiras. Esconden, de calquera modo, a pretensión dun novo autoritarismo cunha base social máis ampla, máis afincada nas clases medias e con maiores débedas cos modos de vida das sociedades opulentas do Norte. Pero non necesariamente máis igualitarias nin máis democráticas.

Certo que, por un momento sentín arrepentimento por ter asinado a prol da zona de exclusión aérea. Foi un erro pensar que sendo moitos os que queríamos parar a masacre, non se organizaría un novo foco bélico na defensa do petróleo. Pero non debemos deixar de soñar con que un día a paz sexa posible; e que, cando estoupen os conflitos, poida haber unha arbitraxe internacional, xusta, imparcial, defensora da vida humana e respectuosa cos procesos políticos das persoas e dos pobos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s