A morte

Onte morreu Xoán de Chavós, un dos loitadores a prol da pluralidade cultural de Galicia e da equidade coa comunidade xitana. Galeguista convencido, adicou a súa vida á causa dos xitanos de Galicia, sen exclusións.

Quedan aínda moitas persoas históricas nesta angueira, o que nos enche de orgullo e de esperanza. Pero a ausencia de Xoán, rival do noso Secretariado Xitano durante anos, pero cordial enimigo e colaborador sempre, é unha perda das que non teñen reparación. Precisamente porque a nosa relación foi tan cordial como fondas as nosas diferenzas, que ao cabo eran simplemente organizacións diferentes e crenzas relixiosas distantes, pois no político e no cultural fomos, a pesar de todo, tan afíns, a morte abre unha ausencia sen consolo.

Será necesario rehabilitar a súa memoria e agradecer os seus esforzos, tanto en público como en privado, restaurar a súa obra e tentar que non chegemos a outra defunción na nosa contorna sen facer sequera unha mínima xustiza en vida.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s