Manifesto Cidadanía Inclusiva 2011

MANIFESTO POR UNHA CIDADANÍA INCLUSIVA

24 de setembro de 2011

Participando e Construíndo Futuro

Nós, persoas pertencentes a diversos colectivos que sofren exclusión social, reunidas en Santiago de Compostela o día 24 de setembro de 2011 no marco do II Encontro Galego de Cidadanía Inclusiva organizado pola Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN ‐ Galicia) para abordar os retos da participación como clave para construír futuro desde a nosa realidade actual:
MANIFESTAMOS

A falta de emprego é a dificultade clave para a inclusión. A crise actual está agravando as dificultades de acceso ao mercado de traballo para moitas persoas. Isto xera un bucle de exclusión (se non tes emprego, non tes vivenda, non podes participar…).

Outro elemento que dificulta a inclusión é a formación, que non é flexible nin adaptada ás persoas (capacidades e potencialidades) nin á situación de crise actual (formación non enfocada ás necesidades actuais da sociedade).

Ademais, a pesar do traballo de adaptación, sensibilización e educación, seguen a ser moi fortes as barreiras físicas (arquitectónicas, de mobilidade e transporte) e sociais (estereotipos, prexuízos, falta de confianza nas persoas, etc.). De este modo, a sociedade, que prioriza os valores económicos e de produtividade, pérdese as potencialidades das persoas diversas.

Asemade, existe escasa comunicación entre os axentes que interveñen nos procesos de inclusión. Tamén existe una falta recursos adaptados para promover a inclusión da diversidade.

Outro elemento que dificulta a inclusión é a burocracia que limita o acceso aos recursos sociais, restrinxindo así o acceso aos Dereitos, deixando a certas persoas fóra do noso marco legal de convivencia (por exemplo, os inmigrantes en situación non regular).

Por outro lado, algunhas empresas estanse a aproveitar das nosas situacións vulnerables, diminuíndo o control dos gobernos sobre o tecido produtivo. Isto xera situacións de moita presión cara aos traballadores e traballadoras con efectos moi negativos na saúde mental.

PROPOÑEMOS

Promover a auto-organización das persoas en situación de risco e/ou exclusión para xestionar coas empresas postos de traballo adaptados ás capacidades.

Adaptar as políticas sociais ao momento actual (quedan desfasadas rapidamente cos cambios que a crise xera), axilizando os procesos administrativos.

Manter a cobertura de servizos de acompañamento prestados polo sistema.

Optimizar os recursos para garantir a vivenda digna: Aproveitar vivendas baleiras, incrementar número de vivendas de protección oficial, etc.

Esixir ao Goberno que garanta o cumprimento da normativa laboral en vigor, nomeadamente mediante un maior control á economía mergullada.

Realizar convenios coas empresas para facilitar a empregabilidade. Intensificar o traballo individualizado con empresas para aproximar a realidade das persoas en exclusión.

Visibilizar os beneficios das experiencias de inserción que están funcionando nas empresas.

Asegurar a calidade dos programas de formación. Fomentar a formación práctica e adaptada ao contexto actual. Modificar os criterios de entrada á formación para que sexan máis flexibles e accesibles.

Reservar cotas de emprego público para persoas en risco e/ou exclusión social adaptando postos de traballo ás capacidades das persoas. Reforzar o papel das empresas de inserción, os programas de flexibilidade laboral e conciliación, o asesoramento a emprendedores, os viveiros de empresas, as escolas taller e os obradoiros de emprego.

Promover un cambio no modelo económico (pasando do modelo capitalista a un modelo no que o valor se mida en función do nivel de participación das persoas). Cualificar a riqueza do país pola cualificación da poboación.

Intensificar os programas de educación en valores para toda a cidadanía (funcionarios, colexios, familias,etc.), promovendo o incremento de recursos e a adaptación do sistema educativo, orientándoo a captar e potenciar os valores de cada persoa.

PARA LOGRALO

Consideramos que as organizacións sociais deberían crer nas capacidades das persoas, acompañando os procesos de inclusión, promover a innovación e o desenvolvemento, fomentar a economía social, difundir o coñecemento e a información e participar no diálogo social.

Pola nosa parte, debemos asumir a responsabilidade persoal para fomentar a reivindicación, promovendo a capacidade asociativa e desde aquí ser interlocutores directos cos representantes políticos e, sobre todo, para unha participación activa na sociedade.

Santiago de Compostela

24 de setembro de 2011

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s