Desafiuzamentos e Banco Malo: unha oportunidade histórica

Os axentes sociais esiximos valentía para reverter as políticas de exclusión habitacional

Barcelona, 13 de novembro de 2013. Ante os últimos acontecementos de emerxencia social provocados por unha inxusta lexislación en materia hipotecaria que está a deixar ás persoas sen fogar e ao mesmo tempo endebedadas para sempre, os axentes sociais do Pacto Nacional para a Vivenda de Cataluña queremos lembrar que hai meses que estamos a impulsar unha Iniciativa Lexislativa Popular pola dación en pago, o aluguer social e a moratoria dos desafiuzamentos por motivos económicos que actualmente xa superou o medio millón de firmas. Máis aló, con todo, da urxencia destas medidas reiteramos a necesidade dunha reforma integral das políticas de vivenda que nos sitúe á altura dos países da nosa contorna. Neste sentido, a regulación do Banco Malo constitúe unha oportunidade histórica que non pode pasar desapercibida.

Así, o que se presenta como mera xestión de activos supón en realidade a creación da maior inmobiliaria de todos os tempos, a Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestruturación Bancaria (SAREB)”, a cal se estima que dispoña de 89.000 vivendas acabadas e acumule 13.000 km cadrados de chan. Tanto a SAREB, como os bancos que lle traspasen os inmobles contarán con apoio financeiro público, vía FROB e vía garantía estatal dos créditos a investidores privados.

Con todo, a pesar da consignación de diñeiro público, a regulación do SAREB non prevé ningunha medida nin para tranquilizar a situación de emerxencia habitacional, nin para corrixir a orientación das políticas de vivenda que nos levaron á situación actual. Con 400.000 procedementos de execución hipotecaria desde que empezou a crise económica, e ante as crecentes dificultades de tantas familias para facer fronte ao pago do aluguer, a xestión desta sociedade debería estar subordinada a criterios de xustiza social.

A estas alturas, en cambio, o Banco Malo só promove a venda ou o aluguer deste patrimonio a través de grandes fondos de investimento caracterizados por unha xestión especulativa. De feito, non é casual que a súa creación coincida cunha reforma do mercado de aluguer dirixida precisamente a facilitar a participación de grandes sociedades inmobiliarias. Significa, por tanto, unha nova operación de salvamento das entidades financeiras máis involucradas na xestación da burbulla inmobiliaria (Bankia, Catalunya Caixa, Nova Caixa Galicia e Banco de Valencia). Entendemos como prioritario a xestión deste patrimonio a través de entidades e cooperativas sen ánimo de lucro que xunto coas administracións públicas asegurasen o aluguer ou cesión de uso cun valor igual ou inferior ao 25-30% das rendas familiares.

A preocupación pola solvencia dos bancos non pode ignorar a problemática das miles de familias que para poder facer fronte ao pago dunhas cotas hipotecarias están a pór en perigo doutras necesidades básicas como son o acceso aos alimentos ou a educación dos fillos. A dignidade das persoas xunto cos compromisos asumidos polo goberno central en materia de dereito á vivenda esixen de forma urxente unha regulación que sitúe o benestar das persoas no centro da vida económica. É por iso que:

1.) ESIXIMOS PARAR OS DESAFIUZAMENTOS E PROMOVER A DACIÓN EN PAGO

É necesario que as políticas impulsadas polas administracións públicas consideren a vivenda non como un ben de investimento, como unha mercadoría, senón como un dereito das persoas. É por iso que esiximos que se deteñan de forma inmediata todos os desafiuzamentos por motivos económicos que afecten á vivenda principal, e que se promova a dación en pago retroactiva.

2.) ESIXIMOS QUE O BANCO “MALO” SEXA UN BANCO “SOCIAL”

As entidades sociais esiximos ao goberno central que os recursos públicos sirvan para garantir que o Banco “malo” sexa un banco “social”. Este banco deberá velar para que o seu patrimonio inmobiliario sirva para facer efectivo o dereito a unha vivenda digna e adecuada das persoas en maior situación de vulnerabilidade.

3.) ESIXIMOS MÁIS ALUGUER SOCIAL E FORMAS INNOVADORAS DE ACCESO Á VIVENDA

Tanto o chan como as vivendas rescatadas con diñeiro público e en poder do Banco Malo situadas en zonas onde hai demanda residencial teñen que servir para incrementar o número de vivendas alcanzables. A regulación do SAREB é unha oportunidade histórica para promover formas de tenencia diferentes á propiedade privada que sexan accesibles e outorguen estabilidade como o aluguer social e o réxime de cesión de uso cooperativo tal como faise noutros países europeos.Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s