España, líder europeo en desigualdade

desigualdadeEspaña, líder europeo en desigualdade

Era sabido que nos tempos das vacas gordas, España converteuse no país de Europa con maior número de millonarios. A pesar da ruína de algunha desas fortunas, as máis delas tiñan sobradas vías de escape para os anos das vacas fracas. Por ese mesmo tempo, había dez millóns de persoas en situación de pobreza. Co cambio dos ventos da historia, a súa situación foi ben peor. As políticas públicas, como era lóxico, trataron de protexer o sistema para evitar a súa creba. Non só era lóxico na óptica do poder; acaso tamén o era para salvar aos máis débiles dun naufraxio de resultado incerto, pero no que, sen dúbida, perxudicados serían os máis .

Ora ben, a forma en que se conserva o sistema, resulta particularmente gravosa para os pobres. E reforza as diferenzas de renda dos ricos respecto do resto. Se esta afirmación fose miña, estaría engrosando as filas da letanía: “a crise que a paguen os ricos”. Se o di a oficina europea de información estatística, Eurostat, a cousa cambia. Descartada a opción e que as institucións europeas fosen tomadas polos “perroflautas”, o mesmo que Trosky tomou o pazo de inverno do Tzar das Rusias todas, fica o convencemento de que hai marxe para outra política, mesmo sen supoñer que chegou a hora de reunciar a este mundo e adentrarnos nos camiños de outro mundo, que acaso continúa a ser posible.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s