Perda de cotizantes durante 2012

Os titulares de prensa dos últimos días son moi preocupantes respecto do emprego e das taxas de dependencia da poboación galega. En concreto, a nivel de Estado destruíronse 2.000 postos de traballo diariamente. Por outra banda, en España hai dúas persoas traballando por cada pensionista. En Galicia só unha.

Noutro lugar, comecei unha abordaxe sistemática do problema demográfico na nosa terra, e da súa relación con factores culturais e político-institucionais. Remítome a esa achega, que debe ser completada nos próximos tempos.

Sen embargo, quero comentar aquí a extrema fraxilidade do noso mercado de traballo. Remitíndonos aos datos oficiais, durante os tres primeiros trimestres de 2012 en Galicia perdéronse máis de 40.000 cotizantes, 19.000 mulleres e 23.000 homes. Trátase dunha caída superior ao 5% na afiliación; un 6% na masculina e un 5,2% no caso das mulleres, que partían dunha peor situación de ocupación e de afiliación antes de comezar a crise.

A perda de cotizantes é un dos indicadores máis sólidos da estrutura laboral dun país coma o noso, porque permite medir a evolución do emprego e do esforzo das cargas sociais en relación cos traballadores en activo. Os datos do noso país converxen co conxunto do Estado na destrucción do emprego, pero afástanse na estrutura da poboación activa. É hora de tomar en serio este reto, analizar a fondo o problema e propoñer solucións.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s