A Yihad no Malí e en Alxeria

 Os acontecementos dos últimos días non debería facer dubidar a ninguén:  a Guerra Santa chegou ao Norte de  África para quedarse.  E a intervención militar francesa no Malí  ata agora non logrou máis que internacionalizar un conflito que ningúen sabe como pode rematar. Pero, se consideramos que, en termos xerais, as guerras -gañe quen gañe- sempre as perde a poboación civil (e, por que non dicilo, os poetas), a aventura militar francesa non pode terminar ben en ningún caso.BA0rp5qCIAEehi6

Non  pretendo que ninguén ignore que eu simpatizo moito máis coa ideoloxía republicana e lenemente socialdemócrata do presidente francés que coa ideoloxía salafista que move aos yihaidistas. Tamén quedo deixar claro que o unilateralismo francés ten que ver cunha forma discutible de xestionar a descolonización e as relacións posteriores coas antigas colonias. Pero tamén está vinculada cunha forma europea de facer política internacional que non podo comprender (e espero non comprender nunca). Acaso os pobos gobernados por Mariano Rajoy temos máis intereses en Afganistán que en Alxeria? Acaso podemos ignorar que Alxeria é o país dos Tuareg non menos que Malí, porque ambos dous estados modernos non están construídos sobre pobos históricos nin sobre identidade nacional algunha? E, o feito de que os secuestradores de In Amenas veñan de Libia, non implica unha solidariedade entre os pobos árabes que non entende das fronteiras entre Estados Nacionais trazadas polos europeos nos tempos da colonización? Daquela, quero afirmar que deixar a Francia soa neste paso, por parte dos Estados que teñen ou tiveron tropas en Afganistán é un exercicio de cinismo e impotencia a un tempo, un aceno fortemente insolidario que deixa o desgaste militar e a ameaza terrorista nas portas do Elíseo, e fóra do perímetro da Moncloa ou de Downing Street (por citar dous dos gobernos promotores doutra operación militar contra os países árabes). Pero non fai albiscar unha política xusta nas relacións entre Europa e África.

O avance militar do salafismo non é exclusivamente un produto autóctono árabe, exportado a todas as súas áreas de influencia. Foi tamén unha estratexia alentada polas potencias occidentais, precisamente fronte ao ascenso do nacionalismo laico nos países de cultura árabe. E, agora que xa non cultivamos esa flor, as tiranías que mantemos, a pobreza e as vías mortas de cara á democratización política e económica, encárganse de espallar o yihadismo coma un inzo.

Son tempos de apostar pola paz e pola democracia, aínda que ningunha destas dúas palabras poida pechar as feridas dos mortos dos combates destes días.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s