Seis millóns de parados

Vendo que o desemprego en España non deixa de medrar, mentres que en Galicia permanece significativamente por baixo, ás veces temos a tentación de non comentar os datos do paro en España, coma se Galicia fose un país a parte. Pero a lóxica da nosa emigración hai ben tempo que declarou España coma o territorio propicio, a terra de promisión á que dirixir os nosos pasos laborais. Só en caso de fallar, hai que contemplar outras opcións. Falo, claro está, da lóxica migratoria das maiorías; porque minorías nunca faltan na nosa terra, e menos falando de emigrar.
Estou a dicilo con claridade: eses seis millóns, e non soamente os 278.787 que rexistra a consellería de traballo, son o muro cotián contra o que batemos cando procuramos un emprego, cando afrontamos o drama do desemprego.
Digámolo xa: Galicia só ten o 21,3% de desemprego, fronte ao 26% do conxunto de España. A cambio, ten unha taxa de actividade do 55,2% fronte ao 59,8 en España. Cinco puntos menos de paro, cinco punto menos de actividade. Onde está a nosa vantaxe?

EPA0412

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s