Tombuctú

ImaxeSirve de ben pouco que eu levante a voz para dicir que é hora de vivir en paz. Pero, en calquera caso, a paz e a igualdade entre as persoas e entre os pobos son a razón do meu existir. Comentei estas semanas atrás o conflicto de Azawad e Malí, no Sahel, entre o Sahara e as terras do Golfo de Guinea. Agora que o exército francés tomou Gao e Tombuctú, gustaríame facer unha reflexión sobre o papel específico da relixión no conflicto. Para min, a nova máis chamativa cando unha facción dos Tuareg tomou as cidades históricas do Sur de Azawad, foi a ameaza de destruír todos os mausoleos, e non só os dos Saskias de Gao, senón sobre todo os dos santos que levaron Islam ao Sur, ao outro lado do deserto, e para quen os musulmáns recén convertidos prepararon un memorial, como gratitude á nova fe recibida. Son eses mausoleos, feitos en adobe, e mil veces restaurados polos seus devotos ante o implacable paso do tempo, os monumentos que os salafistas queren destruír.

Non se trata do clásico conflicto entre os crentes e os cruzados (agora si, porque chegaron os franceses). Trátase da guerra entre a interpretación saudí do Libro Santo e o Islam sufí, que chegou de oriente e floreceu en Marrocos durante séculos. E que segue sendo a base espiritual da maioría dos crentes de África occidental. A pesar do seu tradicionalismo (que levou a Mustafá Kemal Ataturk a prohibilo en Turquía), eu simpatizo co sufismo. E non podo esquecer a tarde que pasei polas rúas de Meknes, cando se me achegou un fabricante de flautas para venderme unha como turista. Acabou falándome da universidade de Konia, en Asia Menor, e da súa procura do son que Deus pon na vida de cada quen. As flautas para el tiñan sentido porque a través delas a música divina podía sonar entre nós. Trouxen de África a súa benzón.

Os saudíes e os seus seguidores salafistas pretenden arrican esa herba, tradicional e resistente, de todo o Magreh e o Sahel. Acabar coas peregrinacións e coas tumbas, cos costumes ancentrais dos marabús, en todo africanos e en nada árabes!

Eu interpreto este conflicto como un choque entre a tradición e a modernidade. Unha modernidade contrarreformista e totalitaria, unha contramodernidade que é furibundamente antitradicional. En troques, resulta imperialista, antioccidental tanto como antiafricana. Teño observado noutros apóstolos antimodernistas ese mesmo espírito de resentimento contra todo o tradicional, contra as formas relixiosas e espirituais enraizadas na terra, propias da resistencia cultural dos pobos fronte ás imposicións foráneas.

Pode existir outra modernidade, igualitaria e aberta. E non debería chegar con tanques e bombas, impoñerse pola forza, como se fose o único camiño para a fraternidade. Tampouco a modernidade debería servir para destuír o legado cultural de innumerables xeracións de africanos e mesmo de andalusíes que custodian as vellas murallas de adobe en Tombuctú. Ten que haber un camiño para a convivencia e para a xustiza que respete as tradicións e que defenda a pervivencia da veneración dos santos que cruzaron o deserto e cambiaron de cultura e de vida porque outros vivisen conforme a unha verdade que a eles os enchía de tolerancia e de ledicia, dos santos que decidiron que a verdadeira yihad acontece no corazón de cada que, e a gañaron para a tenrura do Misericordioso.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s