O desmprego continúa aumentando

Os datos, a día de hoxe, son moi teimudos. E insisten en que a destrucción do emprego aínda non chegou ao seu fin. Soubemos esta semana que o desemprego rexistrado está na barreira dos cinco millóns. Alguén pode dicir que se trata dun millón menos do que di a Enquisa de Poboación Activa. Para min, é unha cifra moi alta, se consideramos que os rexistros de desemprego exclúen administrativamente certos perfís mentres duran situacións como a formación a cargo das medidas do Plan de Acción para a Formación de Persoas Desempregadas (AFD). E se tomamos en conta a xente que, carente de habilidades ou desanimada na procura de emprego, non renova a demanda. Para que a Enquisa de Poboación Activa (EPA) considere que estamos desempregados, abonda con dicilo. Para aparecer nos rexistros, cómpre rexistrarse, renovar a demanda, e non incorrer en ningún motivo de exclusión estatística. E mesmo así, cinco de cada seis persoas que dicen estar sen traballo, cumpren todos eses requirimentos.

Non parece moi razonable,  nese contexto, que veña o presidente da patronal española a dicir que non acredita nas cifras (e, de paso, a culpar ás víctimas e aos empregados públicos). Cun paro xuvenil que afecta a unha de cada dúas persoas novas en idade de traballar, e cun desemprego xeral que afecta a unha de cada catro, con peches de empresas diarios, unhas por falta de solvencia, moitas por falta de liquidez, cunha sociedade carente de ideas sobre o seu futuro nunha economía globalizada, cunha clase política máis pendente de axustar as contas (sexan as contas públicas, sexan as contas entre partidos) que de procurar solucións intelixentes para o futuro, cunhas clases traballadoras desfondadas e desmoralizadas, calquera discurso que non xere ilusión e que non asuma responsabilidades, senón que procure chivos expiatorios, debe ser considerado como irresponsable.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s