Arabia e a pena de morte

A principal diferenza entre os réximes penais antigos e os modernos é que os primeiros, carentes de medios e de intención de recuperar ás persoas para a sociedade, exercen castigos pensados no efecto disuasorio para o público en xeral, máis que na proporcionalidade entre a pena e o castigo, e lonxe, as máis das veces, da intención de corrixir. Nos réximes modernos, existen os que consideran que pode existir unha proporcionalidade entre delicto e castigo e os que se marcan o obxecto de corrixir ás persoas, convertelas en cidadás plenamente responsables, ou, cando menos, tratan de protexer á sociedade das persoas que aínda non queren ou non poden integrarse plenamente nela, cumprindo cos seus deberes e respectando os dereitos do próximo.

Ven a conto porque Arabia acaba de matar en público a sete homes que cometeran un roubo sonado sendo rapaces. E, reciben un castigo sonado… sen garantías procesais, sen defensa digna de tal nome e cunha condea que estaba escrita antes de comezar o xuízo.

Cando nos queixamos, ás veces con moita razón, do noso sistema xurídico, ás veces esquecemos os que deberían ser os seus fundamentos, a comezar polo respecto ás persoas e a intención de corrixilas, individualmente, e non só ao conxunto da sociedade. En troques, cando vemos o funcionamento dunha xustiza inspirada nun código penal antigo, e cunha aplicación medieval, no mellor dos casos, somos máis conscientes do necesitados que estamos de modernidade nas formas políticas de regular a convivencia.

Xunto con ese convencemento, está o papel que vai cumprir a alianza entre Occidente e Arabia na perpetuación destas formas de xustiza máis próximas á barbarie que á civilización. A cambio do seu petróleo, non cuestionamos as súas formas políticas. E podemos acusar de abusos a calquera réxime de corte nacionalista árabe, desde os tempos de Naser aos actuais, pasando por todos os países onde gobernou o partido Baaz e os seus aliados políticos (Exipto, Libia, Siria, Irak); e, en nome deses abusos, podemos promover guerras e revolucións. Pero ninguén debe dicir nada desde o punto de vista da democracia e dos dereitos humanos sobre as teocracias de Arabia e os seus aliados,sexa no ámbito civil ou no relixioso.

Cando se acusa a Occidente de manter poderes despóticos en Oriente Medio a cambio dunha estabilidade política que garante o suministro de petróleo a baixo custe, non se está facendo unha vulgar propaganda anti-americana. Estamos preguntando como se pode asasinar en público a uns mozos por un roubo que cometeron cando eran rapaces. Só estamos a preguntar como podemos calar e mirar para outro lado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s