A fractura social e a esperanza

Na situación actual son moitas as familias e as persoas que pasan por dificultades. Falta traballo, falta crédito, o acceso á vivenda é cada vez máis complicado e a súa conservación non menos complicada. Nas familias con todos os seus membros desempregados (hai tempo que don máis de dous millóns) comeza a faltar con qué comprar roupa,  con qué pagar os subministracións básicas e mesmo comida. Pero falta,sobre todo, esperanza. En vez de avanzar en medidas de protección social, que poidan garantir unha vida digna, a falta de recursos públicos e a ausencia de consenso, provoca que nos tempos de crise sufran máis ás familias que sufrían xa antes da crise. Só que a erosión das condicións de vida das familias vulnerables é moito máis fonda. Vense caer nun abismo ao que antes nin asomaran.  A falta de apoios e un deterioro continuado das súas referencias apuntan de cara á desesperación. Afortunadamente, aínda quedan mecanismos sociais de solidariedade. E institucións como Cáritas dispostas a lanzar, con ocasión do Corpus, un gran xesto colectivo de solidariedade, un día de salario compartido para cubrir necesidades básicas de quen xa non ten nada. E, sobre todo, para anunciar que, compartindo aínda hai esperanza.

Publicado orixinalmente en La Voz de Galicia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s