Gándara

 

Estaba recente o comezo da súa nova andaina en Kamakechi. Pero
eu coñecérao en Tui, nos primeiros días de outubro de 1977. Comezaba el primeiro de BUP, no Instituto San Paio, e facía eu 6º de EXB no Seminario San Paio. Compartimos se non teito si un mesmo horizonte na vida ata o meu retorno de Roma, en xuño de 1992. Deses 15 anos, os máis intensos foron os que compartimos con Carmen López Arjona, primeiro na Escola Ponte e logo no retorno do Secretariado Xitano de Vigo a Cáritas Diocesana.

El marchou, como pretendía, a unha misión do IEME. Eu cambiei ese horizonte. Fiquei cos xitanos e cos pobres desta banda do mundo, máis rica pero máis triste. Os nosos camiños discorren separados desde aquela. Pero hoxe, que o sei chegado á Mesa da Fraternidade na Terra Sen Males, quero lembrar que tamén eu soñei os seus soños.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s