Gándara (2)

Veño da misa do pasamento de Gándara, celebrada na parroquia do Sagrado Corazón de Vigo, que tantos anos dinamizou. Lonxe de ser un funeral dos que tiran fora toda esperanza, e só serven para fomentar as relacións sociais entre os sobreviventes, a celebración foino do cerne da súa vida: Un galeguismo público, explícito, militante, que non mereceu ningunha referencia, pero que tampouco deixou lugar para un idioma que non fose o noso. Un universalismo que, lonxe de ficar en Galicia, vai sempre de cara aos últimos da terra, aos leprosos, aos enfermos de SIDA, ás mulleres, ás nenas do interior das sabanas de Zambia, onde non chegaba o asfalto, nin a educación pública, nin unha sanidade accesible. Unha entrega á causa da xustiza e da liberación, feita de iniciativas para a mellora da vida da xente, comezando pola súa alimentación, a agricultura, a organización asociativa, o ensino, o acceso á auga e ás medicinas…, feita tamén de conflitos cos intereses dos poderosos que desconfían das melloras dos pobres e de quen as promoven. E un entusiasmo xuvenil, cando a vida xa comezaba o seu devalo, a respecto da Boa Nova e do Misterio que nos envolve e nos empuxa a ser irmáns e irmás, na mesa compartida do Pai Eterno.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s