Pobreza infantil

A pobreza infantil atinxiu este ano en España a súa máxima cota desde que existen políticas sociais de redistribución e protección? Casualidade? Non! As políticas de austeridade centráronse na estabilidade das contas antes que na ética das mesmas ou a súa utilidade social. O sistema bancario, responsable cos seus excesos do desencadeamento da crise, precisou dunha cantidade inxente de recursos públicos para volver a funcionar correctamente. Sería xusto que, a continuación, o Estado controlase o sistema bancario e que o crédito volvese a fluír, especialmente o crédito destinado ao financiamento dos proxectos empresariais responsables co medio natural e coa dimensión social da economía. Nada disto aconteceu. Falta crédito, polo que a economía non pode reactivarse. E, lonxe de ser o Estado quen controla ao sistema financeiro, na súa dobre faciana económica e ética, é a Banca quen controla o Estado, coma se vivísemos nun xigantesco casino. A forma de establecer ese control por parte do Estado podería pasar por unha Banca Pública. Pero existen outros mecanismos de supervisión e control que poden resultar máis acaídos ao noso actual sistema económico, a pesar das súas ciencias. O que resulta inmoral é que os poderes públicos emitan unha débeda que a banca compre co diñeiro público do rescate para cobrar o préstamo entre un 5% e un 10% máis caro do que se lle concedeu, sen outra obriga e sen outro risco que facer de mediadora. Esa operación chámase usura. E merece unha condena ética por parte da cidadanía. Sobre todo cando os recursos destinados ao benestar e á distribución da renda diminúen na mesma medida en que se incrementan os intereses que o Estado debe pagar á Banca Privada.

Consecuencias? Moitas! Entre elas, o incremento da pobreza infantil. Hai hoxe unha semana a ONG Save the Children lanzaba unha campaña para denunciar ese incremento, achegando unha cifra: 2.826.549, un de cada catro menores en España en situación de pobreza e en risco de exclusión social. Ao tempo, anunciaba a constitución dun Fondo de Rescate para a Infancia en España, baixo o lema “E a min, quen me rescata?“, unha chamada á solidariedade, pero tamén unha chamada á xustiza.

Tamén en Galicia está a incrementarse a pobreza infantil, mentres se recorta a protección para pagar os intereses financeiros dos préstamos, o crédito non flúe, as empresas pechan e vivimos nun horizonte de receo respecto do futuro. Camiñamos de cara a unha crise demográfica sen precedentes na historia do noso país desde os tempos da Peste Negra. Pero, en vez de realizar un investimento na infancia, en clave de futuro, gastamos en infraestruturas estériles, saldamos o tecido produtivo, alienamos o noso sistema financeiro e reducimos a nosa capacidade de decisión política. Non será hora de comezar a cambiar de prioridades?

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s