O si de Suíza é un NON

Antonte Suíza votaba nun referendo que fai honra á súa democracia, porque foi proposto por grupos políticos minoritarios, foi aceptada a súa realización por toda a confederación e, finalmente, contra a opinión dos principais partidos políticos, das principais organizacións patronais e de moitos líderes de opinión, acabou ganando a opción do “SI”. De acabar aquí a historia, sería unha auténtica lección de como a conciencia cívica logra gañar en batallas de David contra Goliat.

Pero votar SI equivale a pechar as portas de Suíza á libre circulación de cidadáns da Europa comunitaria porque son percibidos como unha fonte de perda da identidade nacional e como unha ameaza para diferentes grupos sociais, dado que o país é atractivo tanto para persoas sen cualificación como para traballadores e traballadoras de toda a escala de méritos académicos e laborais que podamos concibir nun país avanzado. Refórzase, asemade, o control sobre os cidadáns que veñen alén das fronteiras políticas do continente. Votar SI significa aceptar a libre circulación do diñeiro de cara aos bancos suízos, pero non a libre circulación das persoas de cara aos fermosos cantóns que forman ese mosaico plural de culturas que é o corazón de Europa.

Daquela, quero compartir dúas reflexións que considero relevantes. Igual que na Canella do Gato os heroes clásicos reflectíanse en espellos cóncavos que lles devolvían a súa imaxe como esperpento, o referendo suízo devólvenos a imaxe do que a vella Europa (unida ou non) está a mostrar ao mundo: aceptamos a globalización do diñeiro, dos salarios baixos e do intercambio desigual; pero a liberdade das persoas camiña moito máis lento e con máis dificultades que a liberdade do capital. Son estas as sociedades libres que queremos construír?

E, ollo cos novos movementos sociais. Mentres se ataque o poder e sexa cuestionado o status quo económico e político, parece que serve calquera idea, calquera bandeira, con tal de avanzar para outro orde diferente. Pero, por desgraza, Suíza acaba de ofrecernos unha gran lección de como o populismo pode facer avanzar a insolidariedade e mesmo a xenofobia como forma de protesta contra o Sistema. Convén reflexionar sobre aqueles valores que son o alicerce da nosa convivencia e o patrimonio común de calquera forma de humanismo. Atentar contra eles pode socavar o actual sistema político… para devolvernos a formas máis bárbaras da lei do máis forte.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s