No asasinato de Lupe – In Memoriam

Cando chegamos a Figueirido, había unha morea de coches abeirados na estrada, nas proximidades da casa, especialmente do lado dereito, en dirección subida. Tivemos que camiñar cen metros antes de dar co portalón de entrada ao patín, onde agardaban os homes, dispersos en grupos de voces baixas e olladas de receo ante os estraños. Dentro, as mulleres discutían a voces cos vellos que aventuraban a súa opinión no medio dun coro de pranto e carraxe. Como cabeza, no centro da sa, a nai da vítima, de loito rigoroso e voz amarga. Arredor, as irmás, as primas e sobriñas. Logo un entrar e saír de nenos de diferentes idades, mozas casadeiras e mozos para casar… e uns poucos maiores, coa solemnidade da cachaba e o chapeu e coa derrota nos ollos.

No aire pairaba a certeza de que a levara da casa materna á forza, na tarde do domingo e que ela xa non volvería viva. De que el, que tan mala vida lle daba, tamén decidira acabar con esa vida, como se lle pertencese, e non a ela. Sobre todo, porque dixera que era para comezar de novo a vida xuntos. E iso non se fai á forza. Logo, porque chamara dicindo que escapara. Pero ela non tiña onde ir, como non fose de volta a Vilaboa. Pero o paso das horas daba conta de que, se non estaba é porque ficara no camiño. E, sobre todo, porque os fillos pequenos, Shakira, Susi, Pepe e Lupe, ficaran en Figueirido, sinal de que os pais non os quería con el nesa hora escura.

Foron marchando os homes, coa certeza de que non podían ir a Lugo, porque non tiñan forzas para loitar nin xente con quen razoar. E ficaron as mulleres predicando unha vinganza que dese un camiño para a anguria que rebenta no peito. Que primeiro pide unha vida por outra vida. Pero logo confórmase coa dignidade. E, daquela, pide un cambio nas formas de convivir e de facer. Tamén ante ese río que reborda foxen os homes. Porque saben que a razón está do lado do desespero e do pranto, non das escusas. E que os diques ergueitos fronte á forza das historia e a memoria das vítimas, fronte ao sangue de tantas mulleres coma Lupe, xa non poden adiar máis tempo os cambios.

Advertisements

2 Replies to “No asasinato de Lupe – In Memoriam”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s