A Yihad, a Paz e nós

No décimo aniversario dos atentados do 11 M – Na memoria das víctimas.

O ano que vivín en Alcorcón, cada mañá, a esa hora, cambiaba de tren en Atocha. Coa puntualidade dos trens de cercanías, as variacións eran pequenas. Suficientes, sen embargo, para que os das bombas, esa mañá do 11 de marzo de 2004 non entrasen a un tempo. E os estoupidos non coincidisen, provocando una masacre aínda maior, que seica era o que buscaban. A proximidade emocional miña coas vítimas está provocada pola empatía visceral de saber que me separaban once anos (unha vida enteira) do lugar da matanza. Logo, o meu xemelgo Emilio foi profesor na Lama do único terrorista vivo dos que tiveron participación directa no atentado. Por el confirmei o que xa sabiamos: o yihadismo entende que Al-Andalus é unha peza fundamental na súa recuperación a nivel global. E, xa que España optou polas formas modernas de cruzada, sobre este taboleiro haberá que axustar contas.

O certo é que, durante os 800 anos de presenza política musulmá na Península Ibérica, a convivencia tivo máis de pacífica que de conflitiva. Tamén é certo que durante catrocentos anos os noso veciños do Sur (os galegos non esa sorte) estiveron entre os pobos máis avanzados de Europa e do mundo. Floreceron as ciencias, a filosofía e a liberdade de pensamento. Fuxían para Al-Andalus os espíritos libres, a medida que ía faltando aire para respirar noutras latitudes dos dominios árabes. Salvo unhas poucas, as máis das guerras foron nosas cos nosos veciños do lado; e súas, cos seus. Ou en combinacións nas que a relixión e a lingua era só unha variable máis a considerar en precarios equilibrios de forzas. Nin sequera a caída dos reino dos Visigodos foi un acontecemento violento. Foi o colapso dun sistema que xa non daba máis de si. Houbo que esperar ás invasións dos Almorábides e os Almohades para asistir a unha auténtica guerra de relixión. Non deixan de ser un par de episodios curtos nunha longa convivencia. Mesmo cando na crise do século XIV toma un novo pulo a idea de reconquista (que fóra unha ideoloxía fundamentalista e de resistencia cultural fronte á ocupación árabe), non hai ningún Santiago Matamouros no Camiño. Tardaremos ate o século XVIII en poñelo en altares e frontispicios.

Porque, a pesar da Yihad, o Islam non é unha relixión especialmente violenta. Como a pesar das cruzadas, o cristianismo debería estar máis próximo da obxección de conciencia á guerra que das proclamas belicistas de quen din ser os seus defensores.

Acaso pague a pena que recoñezamos de vez que a Yihad é inimiga da nosa convivencia; e que só se debe ao Salafismo a masacre do 11-M. E que apostemos por convivir nunha sociedade laica e democrática persoas de diferentes credos e crenzas; onde ninguén poida ser discriminado pola relixión que practica nin por ter a pel escura. E ninguén teña que morrer por viaxar nun tren a primeira hora da mañá, de cara ao centro dunha cidade calquera deste noso fogar que é o mundo.

Advertisements
CategoríasPaz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s