Dación en pago?

Na mesma semana en que chega ao Parlamento de Galicia a Iniciativa Lexislativa Popular contra os desafiuzamentos, que pretende introducir unha lexislación social en materia de vivenda, máis alá da Promoción Pública, coñecemos a noticia de que Hacienda reclama aos afectados pola perda da súa casa por non poder pagala ata 10.000 euros en concepto de ganancia patrimonial. Ante unha información así, o primeiro que nos asalta é un fondo sentimento de carraxe e frustración: en que mundo vivimos que pretendemos cobrarlles aos pobres polo feito de perder o seu patrimonio.

Pero a cuestión é máis complexa: por unha banda, durante anos non houbo ningún tipo de lexislación social sobre a vivenda. E só unha minoría trataba de esixila, entre o silencio de moita xente e o balbordo a prol dun mercado que daba réditos cada día dunha boa maioría. Cando a situación cambiou, pareceu que sería necesario fundar un novo sistema de convivencia e, por suposto, de financiamento. E ese soño da chegada dunha nova Era de Acuario non permitiu analizar a fondo a situación e as alternativas para superalas. De forma que os poderes económicos foron capaces de garantir que os cambios non acabarían cos fundamento do orde que nos levara a esta inmensa fractura vital que sufrimos. Só habería axustes que permitisen “cambiar todo para que nada troque”, conforme á máxima de Il Gattopardo. Non serei eu que lles quite lexitimidade aos soños dun mundo de fraternidade. Son hoxe máis actuais que nunca. Pero é posible que precisemos, ao mesmo tempo, un arrouto de realismo e de humanidade que nos leve a ocuparnos tamén de resolver as contradicións dun corpo legal creado para que todos sexamos responsables dos bens públicos, pero que acaban por tratar de facerlles pagar ás persoas porque confiaron en que tiñan solvencia e agora non teñen nada.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s