Exipto ven de condear a morte a varios centos de activistas dos Irmáns Musulmáns. E veño de asinar unha petición para conseguir unha fatua en contra desa decisión.
Nunca pensei que chegaría a participar nunha acción a nivel mundial a prol da Irmandade. Non simpaticei coas políticas de islamización lexislativa promovidas polos irmáns. Non coa súa deriva autoritaria. Pero menos aínda simpatizo cos golpes de Estado militares, coa supresión da Constitución, cunha nova represión, máis forte e fonda que a da Irmandade… Coa hipocrisía de Occidente aprobando a ignominia.
É hora de mobilizarse para defender a vida, a liberdade de expresión, de reunión e de manifestación, o dereito do pobo a decidir -e a equivocarse.