Mellora o mercado de traballo, mingua a esperanza

Imaxe

Publican os xornais os principais datos que demostran que o mercado de traballo comeza a cambiar a tendencia, non de forma conxuntural, senón de maneira decidida. O máis importante non é que haxa menos xente buscando emprego; no medio do desánimo, mesmo pode ser mala noticia. A boa nova, a mellor nova, é que a afiliación á Seguridade Social medra máis do que diminúe o desemprego. Quer dicir que xa hai xente que volve á procura dun emprego; persoas que marcharan para as súas casas sabendo que non tiñan nada que facer; ou outras que non querían comezar a súa vida activa cun fracaso continuado, sempre buscando pero sen atopar xamais.

Cambia o vento, pero aínda non cambian os tempos. Porque as fontes sindicais indican que, a este paso, tardaremos un cuarto de século en recuperar o nivel de afiliación á Seguridade Social anterior á crise. Demasiado tempo para quen agarda unha oportunidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s