Xornadas sobre convivencia escolar en Vigo

Mayor Zaragoza en Vigo

Organizadas polo Consello Escolar de Vigo, órgano consultivo do Concello, que conta coa participación de toda a comunidade educativa, as xornadas transcorreron o pasado venres 9 e sábado 10 no auditorio da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. O venres contou coa participación de Federico Mayor Zaragoza, que propuxo unha nova cultura da convivencia, da participación e do respecto para gañar o futuro: “Quen, senón todos?” proclamou citando ao poeta Miquel Martí i Pol, nunha cita que adoita empregar para inspirar un cambio de conciencia que nos leve a gañar o futuro.

Continuaron as xornadas cunha manchea de experiencias enriquecedoras, das que fan verdade o lema “o que falas fala de ti” que presidía as xornadas. Pero, sobre todo, fan verdade os versos do poeta: Quen, senón todos, cada quen na súa quenda…?”

E así, na tarde do venres aínda gozamos da experiencia do IES de Teis, transmitida por Concepción Diéguez; e a do CPR Monterrey, a cargo de Maica Lorenzo Vila. Pola mañá do sábado foi a quenda de Eva Menduíña, do Escultor Acuña, de Mónica Muñoz, do Frián de Teis e de Adela Pintado da EI Santa Cristina. Logo do descanso puidemos escoitar aos reporteiros e reporteiras do CEE Juan María, de Nigrán e ás Orientadoras dos Centros Educativos de Vilaboa.

Nas conclusións, destacáronse os aspectos comúns máis salientables das experiencias compartidas:Xornadas Convivencia

  • O valor da convivencia, a resolución pacífica dos conflitos e do diálogo.
  • A perspectiva da igualdade básica entre as persoas e da igualdade de oportunidades.
  • A necesidade de mellorar a calidade das relacións sociais (e das relacións interpersoais).
  • A importancia dos medios de comunicación para fomentar a Inclusión.
  • A perspectiva comunitaria da convivencia, como participación da comunidade educativa e da súa contorna.
  • Debemos reafirmar o Artigo 26.2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos:

A educación terá como obxectivo o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto aos Dereitos Humanos e ás liberdades fundamentais. Promoverá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre tódalas nacións e tódolos grupos étnicos ou relixiosos, e fomentará as actividades das Nacións Unidas para o mantemento da paz.

Foi un conxunto sinfónico dos que poñen música e alma na educación, dos que devolven a ilusión e o recendo a utopía…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s