Vasile non quere volver



Nós non sabemos moi ben por que. Pero eles saben perfectamente o que queren. Queren unha vida mellor. Para eles e para os seus fillos. Ata aí, todo resulta doado de entender. Pero, non sería mellor botar aquí un tempo, acaso uns anos, e logo retornar?
Entón é ela quen toma a palabra. Sorprende, porque ata ese momento repectara a voz grave e segura, mesmo pausada, do seu home. Pero agora ela non pode evitar a vehemencia. Alá, en canto vían a nosa fasquía, a nosa cor de cara, os nosos nenos,… Xa sabían que eramos xitanos. E nos indicaban o últmo lugar: no supermercado, no centro médico e, se facía falta, tamén na Igrexa, mesmo na escola… Os nosos fillos tamén no último lugar. No noso país só hai un sitio para nós: o último. Todo está a dicirche que sobras, que estás de máis.
Lidia trata de mediar, ante a dureza do xuízo. Ao fin, eles non son xitanos. Outros grupos, con outros oficios, claro que son; pero lingurari non. A Geta parece non importarlle en absoluto o comentario de Lidia. Insiste: os seus fillos aquí son coma os demais. Poden non ter moitas oportunidades. Pero o seu destino non está escrito. Ppden esforzarse, intentalo. Alá non, alá non teñen futuro.
Belén pregunta polo resto da familia. Retoma Vasile a palabra, pausada, convencida. Todos os irmáns estamos aquí, en Vigo. Alá xa non nos queda nada…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s