Baten nos vellos!

Vellos cruzando a estradaA presenza dos romaneses entre nós saiu por casualidade na conversa. Eu, coma sempre, estaba no lado positivo, no da convivencia, o pluralismo e as posibilidades que se abren para unha renovación, tamén demográfica. Ela baixou a vista, triste. Non quería parecer xenófoba. Pero tiña algo que dicir. E sabía que non me había gustar. Animeina coa mirada.

Contou que os seus pais vivían perto da raia con Portugal. E que cada día hai menos seguridade, que hai roubos, que todo o mundo sabe quen son… e que mesmo hai persoas condenadas a cumprir arresto domiciliario sen que a xustiza diga quen ou como vai ser vixiada esa xente. O caso é que parece que todo o mundo sabe quen son: os veciños e a Garda Civil. Son poucos, non están organizados (en contra do que aparece nas lendas urbanas e nalgunha realidade que tivemos a tristura de comprobar). Non, nin falta que lles fai. Pero iso non é o peor:

-“O que non soporto é que baten nos vellos para roubarlles”. Sabe que o que di é grave. Pero non está disposta a calar: -“A xente ten medo; e o día que perda o medo, será para saír cunha escopeta a defenderse. Ese non é o camiño!”

Trato de argumentar que non poden pagar todos por uns poucos. E ela asente, sabe que estou no certo. Pero iso non lle quita a razón, só a enche máis de tristura:

-“Porque agora, coa crise, parece que había xente nova que se estaba animando a volver á terra, a poñer en valor o noso. Pero así non é posible. Porque os vellos, que son os que quedan, comezan a pensar en marcharse. Senten que os botan dos lugares de onde viviron sempre, no medio da pasividade institucional. Ese non é o camiño! Así non temos futuro!”.

Advertisements

One Reply to “Baten nos vellos!”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s