Xornadas de Agamme sobre o maltrato á infancia e á adolescencia

Imaxe

Participei onte, en calidade de relator, nas III Xornadas sobre o maltrato á infancia e á adolescencia, organizadas por AGAMME, na sede do Ateno Ferrolán, que fixo de anfitrión.

Lonxe de encomendar o contido da xornada e un persoeiro dos que enchen auditorios, AGAMME optou por ofrecer un concerto polifónico para abordar os aspectos económicos, sociais, políticos, xurídicos e mesmo conceptuais arredor das teorías de violencia e a realidade do empobrecemento da infancia, que correlaciona de forma directa coa violencia.

Poñendo no centro a preocupación pola forma en que os actuais problemas sociais afectan á infancia, abordamos o que en tempos chamabamos violencia estrutural. E, aínda que os tempos mudaron e, necesariamente, debemos dotarnos de marcos conceptuais novos, non está de máis volver sobre os vellos conceptos que trataban de restaurar a dignidade humana desde unha análise dos conflitos existentes nas sociedades desde o punto de vista da vítimas. Porque hai menores aos que se lles nega o dereito a ser nenos e, a un tempo, algúns dos dereitos básicos que teñen como persoas. E hai outros aos que, simplemente, se lles está a negar o futuro, que debería estar recollido como un dereito inalienable de calquera persoa.

Para min, foi unha sorte poder coincidir con Fernando Blanco, de Esculca, e con David Álvarez, da Fundação para a Ciência e Tecnologia da Universidade de Minho en Braga.

Parabéns a AGAMME pola iniciativa e ánimo para o Ateneo Ferrolán por esa loita de manter viva a cultura e a memoria aínda que non sopren os mellores ventos nos tempos en que andamos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s