Non á indiferenza!

Non á indiferenza!

Fronte ás agresións racistas, Non á indiferenza.

Comparto este titular tomado do editorial que Le Monde dedicou á agresión ao adolescente romanés linchado o pasado venres e atopado , porque sitúa o problema nos termos que considero correctos.

safe_image.phpO problema é serio. Porque o linchamento, tomar a xustiza pola man, non é solución a ningún problema de ningunha sociedade democrática.

 Acabo de ler que en Franza proibiran as fotos do suceso. Eu non sabería dicir se alimentan a compaixón ou o morbo. Pero unha sociedade que proíbe ver ás súas vítimas pode acabar vendo só fantasmas.

Outro debate é sobre a culpa do sistema policial. Como no anterior, non creo que sexa o centro do problema. Pero non quero fuxir desta cuestión: coido que deixei claro hai uns días que a indefensión dos pobres alimenta o odio e a xenofobia.

Este problema está relacionado coa percepción de que, ante unha agresión que non ten resposta por parte do sistema institucional, é lexítimo tomar a xustiza pola man. E aquí si que estamos chegando ao celme da cuestión. Pode que Darius, como enfatiza algún medio de comunicación, fose un delincuente común; pode que acabase de roubarlle a unha muller maior. Pero algo moi grave está a ocurrir cando o noso sistema de convivencia, que encomenda o uso da violencia ao Estado, cédelle a violencia a quen a queira e poda libremente exercer contra quen considere oportuno: sen xuízo, sen defensa…

E acontece que hai discursos políticos (e outros que pretenden ser cívicos ou mesmo intelectuais) que dan cobertura á xenofobia como forma de organizar a convivencia no mundo globalizado que o capitalismo está  a construír. Erguer barreiras para protexernos de quen ven a nós porque somos (ata agora) os vecedores da Historia.

Ante os crimes racistas, lembremos o soño dunha Europa purificada que acabou no peor pesadelo que se recorda. Non á indiferenza!

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s