Comedores e pobreza infantil

Comedores e pobreza infantil

Agora que hai acordo parlamentario para abrir os comedores escolares durante o verán, e que o goberno galego fará o posible para atender esa petición tan razoable, convén reflexionar xa sobre o que ven pasando desde o pasado setembro e volverá a pasar o próximo setembro… Se o decreto de comedores das ANPAS non obriga a pechar boa parte dos seus servizos e a encarecer outros.

Hai medidas que son doadas e que non teñen custes adicionais para o erario público; pero crean cohesión social. A cesión de espazos nos Centros Educativos para que as ANPAS presten servizos de comedor escolar (para os seus asociados e para quen non o son) é unha medida económica, socialmente xusta e que crea solidariedade e accesibilidade dos servizos a baixo custe. Pechalos ou gravalos porque empregan un espazo público para un uso privado, afonda na desigualdade e non vai crear máis riqueza nin emprendemento.

Para evitar o derrube demográfico e para loitar contra a pobreza infantil, cómpre antes que nada sensibilidade e sentido común, non só sentido da responsabilidade co diñeiro público ou respecto á liberdade de empresa (que seguro que tamén fan falta), pero no segundo prato, por favor!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s