Nós, que nos alimentamos de detritos
Como queira que a miña actividade profesional recente estivo vencellada á relación entre inclusión social e poboación, e como defendín que había que ser activos nas políticas que eviten un colapso demográfico en Galicia antes de mediados de século, véxome na obriga moral de dar conta deste artigo en Praza pública. No seu día non lle prestei atención. Pero un comentario do autor a propósito da cuestión demográfica (que deu varios titulares nas últimas semanas), levoume a esta reflexión. E, aínda que non teño datos suficientes como para formar un xuízo concluínte do horizonte que presenta, teño que dicir que me fixo pensar.
Quen considere que aínda non o sabe todo, que escoite! Quen teña opinións inamobibles, que non perda o tempo! E pensemos, por favor, en alternativas viables para soñar un futuro, como humanidade e como planeta!
Grazas, Santiago, pola referencia. En http://www.detritivoros.com tes versións máis completas daquel artigo, que mesmo se convirtiu nun pequeno libro recentemente.
Manuel: para min o importante era ecoar a túa opinión. Sobre todo, porque non prestara atención ao artigo no momento da súa publicación. E considero que é toda unha referencia.
Grazas polo teu traballo!
Moitas grazas a ti. Se che interesan estas cuestión convídote a ver o que facemos en http://www.vesperadenada.org Se cadra che interesa participar! Sería moi interesante a túa participación.
Paréceme moi interesante!