Cómpre un novo pacifismo

Tanque en GazaA nova podería ser que cae un Boeing 777. De seu, sería noticia. Pero a nova parece ser outra: á forza tivo que ser a drede; non se trata dun acto involuntario. Volve a guerra a Europa. E parece que con obxectivo de quedarse. Hai cen anos enganáranse quen pensaron que no Nadal todo o mundo estaría de volta en casa. Acertaran, en troques, quen pensaron que non había que mobilizar exércitos; senón a capacidade moral da humanidade, mediante a obxección de conciencia.

A continuación, a prensa recolle o ataque terrestre de Israel en Gaza. Tamén esa é unha guerra nosa. Creada pola necesidade de darlle unha saída á cuestión xudea, acabou enquistando un problema entre dous pobos perdedores: os masacrados de onte e os masacrados de hoxe. Como resultado, medra o negacionismo: nun bando e no contrario.

Coido que comeza a ser tempo de erguer a voz e pensar nun novo pacifismo que, por sistema, atenda primeiro ás vítimas e ás súas necesidades vitais. E logo, á cuestión ineludible da reconciliación e da memoria. Calquera outra forma de pacifismo será un revanchismo camuflado de boas intencións, para consumo dos benpensantes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s