AFundación, unha obra social de ABanca?

logo_Afundacion2A boa noticia é que non precisamos liquidar colectivamente o que queda da Obra Social das antigas Caixas de Aforro. Pódese manter o emprego -ese ben tan escaso-, pódese manter como ben social as infraestructuras culturais, as educativas, as formativas e as obras de arte. Espazos de socialización para xente maior, de dinamización social… A nova fundación que herda a obra social, está para darlle unha nova vida. Pero crear unha marca social que é feudataria dunha marca comercial, beneficiaria dunha poxa onde pagamos os contribuíntes e, coma nun casino, gaña a banca, non parece o máis apropiado para a andaina desa nova vida. Ademais, a Entidade financeira en cuestión recibe un plus de representación tamén a nivel de decisión. Pero as ONG’s e as asociacións solidarias recibimos o mesmo trato que as empresas lucrativas e non está previsto ningún mecanismo de compensación… E, por último, o resto do Consello que non depende d’Abanca está dividido en Reinos de Taifas que representan esa convivencia entre o Estado pre-autonómico e o actual: Xunta, Parlamento, cidades, deputacións… A medio camiño entre a harmonía institucional e a coexistencia de intereses diversos cuxo único factor común é o criterio da banca. Non conviría crear unha Fundación Pública cunha arquitectura institucional diferente?

Advertisements

One Reply to “AFundación, unha obra social de ABanca?”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s