Menos desemprego, menos traballo

empleos_mediaHai máis de dúas décadas que vimos falando da posibilidade de repartir o emprego existente para lograr unha sociedade máis cohesionada desde o punto de vista da ocupación. Sen embargo, durante anos as dinámicas das empresas (pero tamén as estratexias individuais) foron outras. Mentres que a produtividade estaba estancada, o número de horas traballadas por persoa ocupada non deixou de incrementarse… ata que chegou a crise. Con ela, non só había cada paso menos xente traballando. As persoas que volvían a un emprego eran con menos salarios e menos horas. Aínda así, a erosión do mercado laboral continuaba implacable.

Agora o goberno anuncia a recuperación da economía. Hai máis xente con emprego. Pouca, pero a suficiente como para que albisquemos colectivamente unha esperanza. A suficiente como para que a destrución de postos de traballo non sexa a única realidade. Suficiente para que diminúa o número de familias con todos os seus membros en paro.

E, mentres medra o emprego… que pasa co tempo de traballo? Pois no último trimestre parece ser que se perdeu un 0,7% das horas traballadas respecto do trimestre anterior, mentres que o desemprego caía un 0,8%. Estamos traballando menos horas para que outra xente poida traballar. Só que, lonxe da utopía do reparto do traballo, estamos nun reparto da precariedade.

Desde o meu punto de vista, pode ser un primeiro paso para transformar a cultura do emprego. Pero, antes de chegar a unha nova solidariedade, fica por diante unha travesía do deserto na que converter a imposición actual de condicións de traballo cada vez peores nunha oportunidade para a solidariedade e para a cohesión social, no marco dun decrecemento pactado e pautado. Só que, ou existe unha acción colectiva que aproveite este conxuntura ou do contrario estamos abocados a unha simple devaluación por vía salarial ou, o que é o mesmo, a unha depauperación continuada e pronunciada do conxunto das persoas asalariadas no noso país.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s