Baixa intensidade no emprego (2)

Hai seis meses escribía aquí mesmo que o centro das nosas preocupacións pola inclusión social para os próximos anos debía ser a baixa intensidade laboral. Non só as familias con todos os seus membros en situación de desemprego (que serán, sen dúbida, as que máis preocupen). Tamén están nese grupo as que non traballan sequera o 20% das horas posibles da súa xornada.

No último trimeste, o emprego avanzou en Galicia. Máis que no noso contorno. Pero a calidade no emprego continúa a caer. Hoxe mesmo publicaba a prensa que un de cada catro contratos asinados no mes de xullo duraba menos de sete días (o 25% da duranción posible durante o mes, con independencia do número de horas contratadas). Só con este dato, non debe extrañarnos que continúe a avanzar o fenómeno dos traballadores pobres, que preocupa en Europa tanto ou máis que o desemprego. 

Pois ben, entre 2007 e 2012 o número de fogares que sofre a baixa intensidade laboral, un dos indicadores máis claros do risco de pobreza para as poboacións dos países industrializados, duplicouse en Galicia. Á espera de datos máis actualizados, os que temos son suficientes para comprobar como a democratización da precariedade está a servir para multiplicar o risco de pobreza e incrementar o risco de fractura social.

Chegan os tempos en que cómpre reclamar non só medidas para evitar o desemprego, senón para que o acceso ao emprego non deixe as persoas, ás familias e a todo un crecente colectivo social fóra das formas de vida que a nosa sociedade considera desexables (por criticables que sexan).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s