Escocia

A miña postura sobre o acontecemento político do ano en Europa, o referendo de autodeterminación de Escocia, é que estou radicalmente a favor da celebración da consulta, e en contra dos procesos de segregación que camiñen no sentido inverso dunha interdependencia planetaria que pode ter como banzos intermedios a integración rexional (como a que se está a producir en Europa e ten ecos noutras rexións do mundo, especialmente en América Latina, cunha pluralidade de propostas moito máis plural ca nosa). Quer dicir que estou en contra dos procesos de autodeterminación colectiva? Non! En absoluto! Significa máis ben para min que considero que hai que reflexionar a fondo sobre o significado da autodeterminación (individual e colectiva) no tempo que nos tocou vivir.Bandeira de Escocia

A ecuación autodeterminación = independencia foi o motor dos procesos de emancipación e construción nacional de Grecia, Italia e Alemaña no século XIX; pero as súas consecuencias durante o século XX distan moito de ser unha epopea da liberdade. E, especialmente, a principios do século XX, a Gran Guerra, cuxo centenario rememoramos, cambiou o mapa de Europa mentres se esfarelaban os imperios e subía a marea dos nacionalismos. Que estes resultaban emancipadores fronte aos imperialismos de distinto cuño que levaran á guerra, é unha afirmación de dificilmente pode ser rebatida. A cambio, a peaxe que tocou pagar foi que durante demasiado tempo o internacionalismo pasou a un segundo plano. Convén non esquecelo: na Unión Soviética o recoñecemento das nacionalidades non evitou certa concentración nacional (como se vería no transcurso da II Guerra Mundial); e, no resto de Europa, só se considerou seriamente a superación das dinámicas nacionais e as súas liortas como saída ás aporías da Guerra. Non quero negar aquí a existencia de moitas iniciativas que camiñaron por vereas ben distintas. Só quero deixar constancia de que a Historia esmagou esas historias.

A crise actual está situando a Europa en dúas encrucilladas: entre a integración e a disgregación, entre a solidariedade e a competencia salvaxe. Non quero que ninguén manipule a miña opinión en favor da súa bandeira. Os que apostan pola integración, na súa maioría, son os mesmos que afirman a competencia salvaxe e a desigualdade. Son unha variante do vello imperialismo, cun verniz solidario. Pero non estou nada seguro que para afirmar a igualdade teñamos que emprender o camiño da disgregación.

Advertisements

One Reply to “Escocia”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s