Hai un home buscando no lixo



Hai un home buscando no lixo, a plena luz do día. Leva un pequeno carro da compra que fai de almacén, e un caxato dunha punta de metal, para espichar as posibles presas dentro do contedor, e extraelas con menos dificultade. Ademais, cun pequeno anaco de madeira trinca a tapa para poder traballar a vontade. Ten oficio e sabe facer!

Son as doce do mediodía, e a súa imaxe fuxidia nunha o centro de Vigo marca o camiño da procura do pan de cada día.

Pero vivimos nunha sociedade triste, na que xente honrada e laboriosa ten por oficio fozar no refugallo, vivir do que outros rexeitan. Sen decatarnos apenas, volven os tempos do sabio que cría ser o máis pobre da terra, ata que viu outro comía do que el tiraba.

E iso aínda non é o peor. Como ven denunciando Esculca, está a producirse unha criminalización da pobreza. E en cidades como A Coruña están a ser denunciadas as persoas que procuran obxectos  e comida entre o lixo. Só unha sociedade deshumanizada pode castigar de forma tan rigorosa a desgraza de ser pobre!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s