Sen rastro de Francisco on the road



A Xunta organiza a que debería ser a exposición do ano, un magno evento para conmemorar o 800 aniversario da chegada a Compostela como peregrino de San Francisco de Asís. Seica hai dúbidas da realidade do feito da peregrinación xacobea daquel rebelde que puxo patas arriba o cristianismo
medieval. A pesar de non forzar unha ruptura traumática, durante séculos foi difícil asimilar aquel desprezo do poder e do diñeiro, aquela interpretación de Xesús de Nazaret como o vagabundo que foi.
Os lugares franciscanos na Umbría gardan aínda a memoria e a lenda de Francisco, aínda arrecende a inconformismo logo de séculos tratando de edulcorar e de reconducir aquela rebeldía.
Nos lugares franciscanos da Nosa Terra, Asorey deixara testemuña daquela utopía de fraternidade. Pero hoxe, neses lugares, non había unha indicación, un aceno sequera, que levase á exposición da Xunta. Tampouco na exposición hai nada que nos dirixa de cara á renuncia, á simplicidade nin á perfecta ledicia de anunciar que a fraternidade é posible, fóra dos muros e das seguridades aprendidas.
Quedo co anceio de que o mito franciscano nos leve a camiños descoñecidos, lonxe das seguridades exhibidas ‘On the Road’.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s