Mendigando e traballando

Sorprendeume. Estou tan afeito a velo encrequeñado, engurrado, que atopalo ergueito foi a primeira sorpresa. Pero é que estaba a traballar! Con outro compañeiro, moreno coma el, apañaban chatarra na rúa, aproveitando o que a xente deposita no lixo cando debería ir ao Punto Limpo. Para min el era nada máis o mozo romasés que mendiga na porta da panadería, o que saúda constantemente, como forma de establecer un vínculo, o que tenta sorrir, pero sen ferir a dignidade dos que cremos ser superiores, so porque a vida nos tratou mellor… Porque antes que mendigar unhas moedas ou unha codia de pan, está a pedir un lugar no mundo. Oio dicir cada día: Veñen só a pedir ou a roubar. E sei que non é certo. Pero de tanto velo humillado, tamén eu perdera a perspectiva. E resulta que, ademais das competencias profesionais que require esa actividade de “comercial a porta fría” que é pedir na rúa, tamén ten a forza, a precisión e o sentido ecolóxico que require a separación e reutilización dos Residuos Sólidos Urbanos. Esta segunda profesión totalmente oculta para min ata hoxe porque , ao cabo, postos a criminalizar a pobreza, acabamos preferindo a humillación ates que a reciclaxe.

Pedindo e traballandoPero ademais, deu a coincidencia de que eu viña de ler a estatíatica de afiliación de estranxeiros á seguridad e Social en Galicia. E resulta que aparece Portugal no lugar máis destacado. Nada extraño. En, en segundo lugar, e con moita siferenza coa terceira nacionalidade, aparece Rumanía. Certo que está a convertrterse na segunda nacionalidade de procedencia da inmigraión entre nós.

Pero xa antes destaca na achega ás cotizacións, a creación de emprego, ao mantemento dos servizos públicos (saúde, educación…). Por certo, que usan máis a educación, e menos a sanidade pública do que outros europeos como alemáns ou británicos. Estes cotizan alá e consumen aquí, os romaneses achegan o lombo e ofrecen un alivio ao noso escuro futuro demográfico. Non será hora de cambiar os anteollos con que xulgamos a realidade antes de vela? Non será hora de ir ao fondo das cousas en vez de ficar na codia? Non será tempo de ver seres humanos e non só problemas?

Advertisements

2 Replies to “Mendigando e traballando”

  1. Con este tema paso do cabreo á tristeza con facilidade. Sei q é complexo, q se precisa un entramado social máis xusto, unha conciencia de igualdade na q vou perdendo a esperanza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s