Ollo co Ébola!

Manuel García Viejo

Pode ser preocupante que unha doenza fóra de control coma o ébola cruzase o Esteito de Xibraltar para vir reproducirse á Península Ibérica, nio espazo político da vella Europa (onde non se pode decretar o toque de queda para impedirlle circular á xente pobre, sospeitosa de portar a enfermidade). Pode ser discutible a evacuación de Manuel García Viejo e, antes ca el, da de Miguel Pajares (que Deus teña en Gloria). Pero o máis preocupante, para o meu ver, é a falta de sensibilidade humana e de proporcionalidade á hora de tratar co problema. E, para poñerlle o ramo, matamos o can.Can Escalibur www.lavanguardia.com

Para min, a peor epidemia do noso tempo é a falta de humanidade. Por que o digo?: recibo a un tempo -pola redes sociais- a nova de que alguén desde a Administración está querendo culpar a Teresa, a vítima do contaxio; e, na mesma mañá, unha cadea denunciando que ninguén debeu traer a España a ninguén contaxidado por ébola. E non consigo entender ningunha das dúas cousas. A primeira, culpar á vítima, é unha estratexia propia do partido nazi. Non o digo no sentido figurado nin despectivo da palabra; estou a referirme ás tácticas de Goebels culpando aos xudeus dos males de Alemaña. Unha persoa ofrécese voluntaria para tratar de salvar unha vida (vida importante, sen dúbida, no flebe sistema sanitario de Serra Leoa), e acaba sendo a culpable de que a epidemia se transmita no continente europeo? En que cabeza cabe semellante forma de razoar? Somos humanos; cometemos erros mil veces ao día! Pero os erros non deben apartar a nosa vista do importante: actuar con humanidade!
A segunda, a de cuestionar as evacuacións de persoal sanitario infectado, pon o énfase nas nosas debilidades e non na nosa solidariedade. Isto paréceme igualmente perigoso. En primeiro lugar, porque está a difundirse unha imaxe do persoal médico infectado en África como se os seus convencementos relixiosos imposibilitasen o exercicio da profesión médica. As evacuacións deberían ter por obxecto tentar conservar a vida dos profesionais da saúde que traballan no terreo. Por iso, as voces máis sensatas reclamaban este mesmo trato tamén para o persoal nacional dos países golpeados pola epidemia, non a supresión das restantes repatriacións. Cousa diferente é valorar a adecuación dos medios a dispor na repatriación e no coidado das persoas repatriadas. Está claro que non foron apropiados; porque non é comprensible que en trinta anos Médicos Sen Fronteiras non tivese ningún contaxio traballando contra o ébola sobre o terreo (o primeiro seica foi este outono), e nun sistema sanitario dos máis desenvoltos do mundo e con profesionais do máis competentes (demandados por outros sistemas sanitarios da nosa contorna), resulta que no primeiro envite xa temos un caso demostrado de contaxio. Pero ningún fallo (neste caso da propia Administración da Saúde) debería facernos perder de vista a solidariedade, como obxectivo e como forma de actuación.

Por se eramos poucos, á hora da cea, o meu fillo Mateo ven co conto de que os pobres fubolistas, a comezar por un do Celta, non deberían viaxar a África para xogar contra as seleccións nacionais dos países máis afectados polo ébola, aqueles nas que a enfermidade non está baixo control. Bromeo con el dicíndolle que, conforme ensinaba Mussolini, España está en África, o mesmo que Italia; e tamén entre nós a doenza está fóra de control. De tal forma que escusamos de distanciarnos tanto deses países como para, despois de negarlles o pan, tamén lles neguemos o circo, non vaia ser. Pero, alén da piada, quedoume o enorme desacougo de pensar que a doenza está convertida xa nun pánico colectivo onde non contaxiarse parece máis importante que atender aos máis mínimos requirimentos da compaixón (a capacidade de padecer e de apaixoarse pola vida xunto con outras persoas).

Ollo co ébola, porque o máis grave entre nós non é a infección polos fluídos corporais, senón a través dos medios que propagan: sálvese quen poida! (E, aos demáis que os parta un raio, se fai falta!).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s