Premio Nobel da Paz para Kailash Satyarthi

Tomado de http://www.globarlmarch.org

Traballo infantilOutubro 10, 2014: É un día de orgullo e alegría grande tanto para a Marcha Global Contra o Traballo Infantil como para o seu presidente Kailash Satyarthi convertido no primeiro hindú en gañar o Premio de Paz do Nobel polo o seu traballo sen par a prol dereitos da infancia Este ano o Premio Nobel da Paz tamén foi concedido a Malala Yousafzai desde Paquistán polo seu traballo de promover educación para as mozas. Con isto, convértese nun premio compartido por dúas persoas que están a promover os dereitos da infancia: Un acabando coa explotación infantil e a outra defendendo o dereito a educación.

Kailash Satyarthi é o arquitecto e guieiro de dous dos movementos de sociedade civís máis grandes como son a Marcha Mundial Contra o Traballo Infantil e Campaña Global para Educación. No seu país India, Kailash Satyarthi fundou o movemento Bachpan Bachao Andolan (Movemento para Salvar a Infancia) que rescatou sobre 80.000 nenos da escravitude, o tráfico de persoas e a explotación no traballo nas últimas tres décadas. Encabezou con éxito un movemento no seu país para facer da Educación un Dereito Constitucional que achandou o camiño para a o dereito dos menores á educación gratuíta e obrigatoria na India. Tamén fundou en 1994 a primeira sociedade civil –Coalición Empresarial para establecer a Rugmark (agora coñecida como Bo Tecido), que é a primeira certificación e o primeiro mecanismo de etiquetaxe social para alfombras feitas sen traballo infantil en Asia do Sur.

 

A súa contribución na loita contra a escravitude intantil e a explotación laboral foi recoñecida internacionalmente. Kailash Satyarthi está liderando a loita global contra a escravitude infantil. El xunto con outros veteranos que loitan polos dereitos da infancia iniciaron a Semana da Fin da Escravitude Infanti, que é a principal campaña do noso tempo para pór a atención internacional na escravitude infantil, reclamando a inclusión de supresión da escravitude infantil na Axenda do Desenvolvemento Post-2015.

 

Global March saúda o seu fenomenal valor e liderado e está desexando o seu liderado inspirador para os tempos por vir.

 

#NobelPeacePrize2014

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s