Traballadores pobres

Traballo escravo

Pasou o 17 de outubro, día internacional de loita contra a pobreza e a exclusión social, e os meus compromisos profesionais impediron que poidese ofrecer unha reflexión acaída a esa data. Para compensalo, entendo que non abonda dicir que xa ocupamos esta bitácora cunha mirada constante sobre os fenómenos da pobreza e a exclusión social. Convén situar algunhas reflexións que contribúan a un pensamento crítico sobre a pobreza. Por iso, considero oportuno poñer o foco no fenómeno dos traballadores pobres (especialmente das traballadoras pobres, porque a cuestión de xénero é moi relevante neste ámbito).

Se escollemos a escala planetaria o fenómeno das traballadoras pobres alimenta as cadeas de distribución téxtil que xeran dividendo millonarios, mentres parece lexítimo recluír en fábricas insalubres a persoas condenadas a non ver a luz do día a cambio dun salario que non garante sequera a subsistencia física. Esa forma de traballo escravo produce mortes coma as do colapso dun edificio enteiro en Savar, perto de Dacca (Bangladesh) o 24 de abril de 2013, co resultado de varios centenares de mortos confirmados e outros por identificar. Demasiado a miúdo, a man invisible do mercado é o traballo escravo, silenciado ata que acontece unha traxedia.

Se escollemos a escala local, nacional ou continental, o fenómeno dos traballadores pobres carece dos trazos dramáticos que ten a nivel mundial. Pero está caracterizado por unha crecente desigualdade nas remuneracións, que vai configurando sociedades dualizadas e bloqueadas desde o punto de vista da mobilidade social. Esta última característica do fenómeno dos traballadores pobres atenta de forma tan directa contra a lexitimación do sistema capitalista que debería ser revisada canto antes polos seus defensores. Eu, pola miña banda, só teño que dicir que no pasado eran os revolucionarios quen propuñan “agudizar as contradicións para acabar co sistema”. Entendo que agora son as forzas cegas do capitalismo financeiro as que están a levar o barco contra as pedras.

España ten a dubidosa honra de ocupar neste momento o terceiro posto na Unión Europea na taxa de traballadores pobres, sendo este un fenómeno que a crise reforzou, co seu reparto da precariedade, que xa temos comentado. E os fenómenos de contestación social e política que estamos a vivir non son alleos a esta realidade. Ao contrario, só poden ser desactivados tomando en serio esta realidade e modificando as condicións de reparto de traballo e reparto das rendas. Tarefa, por outra parte, que urxe a escala mundial, porque calquera arranxo puramente local só sirve para lubricar a inxustiza.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s