Dilma e o fin da pobreza extrema

Dilma ante o tribunal militarSe o vento non vira a última hora, Aécio Neves será elixido este domingo como novo presidente electo do Brasil. A alternancia no poder caracteriza ás democracias liberais e fortaléceas, alén das preferencias persoais de cada quen. A miña pregunta obrigada é: traerá máis xustiza e equidade esa alternancia? A miña resposta é nidia: desde logo, non? Como moito, poderá non levar embora unha parte das conquistas sociais destes últimos doce anos, nomeadamente a loita contra a pobreza extrema. Ao que os defensores da alternancia acrecentarán que Neves fará posíbel un crecemento económico capaz de soster esa distribución dos recursos sen deixar de crear riqueza.

Celebramos hai unha semana o día internacional contra a pobreza, unha xornada de loita contra a fame e a extrema precariedade nas condicións de vida. E a ONU convidábanos a redobrar os esforzos para conseguir acabar coa fame no mundo, lembrando que grazas aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, a pobreza extrema reduciuse no mundo á metade. O que non se di a miúdo é non foron os doantes nin as ONG’s os responsables dese éxito; que tres países, coas súas dinámicas endóxenas e as súas políticas públicas, son os responsables dese éxito: China, a India e Brasil. E, dentro destes tres, os dous primeiros tiveron éxito grazas ao desenvolvemento económico (cunha maior distribución en China que na India, a pesar do incremento exponencial da desigualdade), mentres que no caso de Brasil foron as políticas públicas as encargadas de retirar ao país da cabeza da desigualdade mundial, para crear unha sociedade máis cohesionada, moderna e humana.

Ora ben, chegados a este momento, a sociedade brasileira parece que decidiu que esa xa era unha cuestión superada e que hai que procurar outros horizontes. Pola esquerda hai certa decepción ao ver convertido o soño dunha sociedade fraterna (“o Quilombo dos Palmares”) nese sucedáneo que é a socialdemocracia. Están os desencantados dos eventos que tratan de proxectar ao mundo este novo Brasil como unha potencia (Mundial de Futebol, Olimpiadas…), e as súas mobilizacións a prol dun reparto diferente dos orzamentos. Están os desencantados da corrupción, acaso non maior que en gobernos anteriores, pero máis comentada nos medios de comunicación, máis exposta á opinión pública (acaso por intereses dos donos do Medios). Están quen, como Marina Silva, marcharon para defender outros valores de ecoloxía e sustentabilidade…

Algunhas desas persoas, comezando por Marina, acabaron por apoiar a Aécio Neves e ao seu proxecto neoliberal, con tal de combater ao PT. Outras, claramente, concordaban de sempre cos intereses que agora defende o PSDB (que quer ler agora as obras de Henrique Cardoso cando era o impulsor da teoría da dependencia?). O que parece claro, é que todos estes factores están facendo que sopren ventos de cambio para o Brasil neste momento.

O fin de Dilma, será o fin da loita contra a pobreza extrema desde os poderes públicos do Brasil? No abrente incerto do vindeiro luns teremos xa algunhas respostas!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s