Dilma gaña para seguir contra a pobreza

Escribía esta madrugada Juan Arias desde Brasil que o medo a perder as conquistas sociais levara á reelección de Dilma Rousself, do Partido dos Trabalhadores do Brasil e candidata á reelección. Dilma-mais-quatro-anos

Os dous procesos electorais deste domingo, o máis modesto de Uruguai, e o xigantesco do Brasil, estiveron marcados pola normalidade, pola presenza na concorrencia eleitoral de antigos guerrilleiros (Dilma, candidata en Brasil e Mújica, presidentes saínte, en Uruaguai) e polo trunfo das forzas de esquerda que representan a reconciliación nacional e as políticas de loita contra a pobreza extrema, das que o programa Fome Zero é o mascarón de proa.

O desencanto das políticas socialdemócratas desde a esquerda, a necesidade de emprender unha nova xeira de políticas ambientais, e a arela de políticas económicas decididamente liberais desde a dereita provocaron o ascenso imparable da oposición, encarnada en Aécio Neves. Mais, a última hora, no binomio loita contra a pobreza fronte a loita pola riqueza, gañou o primeiro.

A partir de agora, non hai nada garantido. Brasil seguirá a consumir os recursos das xeracións vindeiras, as clases medias de Brasil e de Uruguai continuarán pensando que os pobres teñen demasiado protección e que eles pagan demasiado para servizos públicos moi cativos, e que a solidariedade organizada polo Estado se cadra non paga a pena. De feito, a oposición sae fortalecida, e mesmo pode que chegue a impoñer a súa axenda para os próximos anos. Só que durante un tempo aínda, está garantido que a loita contra a pobreza vai figurar na axenda política do Brasil e de América Latina.

A miña aspiración non é que o mundo acabe gobernado polo PT. De feito, preferiría menos corrupción, máis ambientalismo, menos Petrobrás e máis soños. Pero… hai quen tome nota e se poña a construír discursos e alternativas que, polo menos durante un tempo, poñan aos pobres no centro da Res Pública?

Advertisements

One Reply to “Dilma gaña para seguir contra a pobreza”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s