Cataluña, ano cero

A Hespaña histórica (tal como a estableceron os romanos) está dividida na actualidade en tres Estados máis ou menos soberanos diferentes entre sí: Portugal, Andorra e España. Na historiografía oficial Española e Portuguesa esta división ten un carácter sacro e milenario. Pero os relatos máis críticos e mellor documentados refiren que a unión entre o Reino de Castela e o de Aragón ate o século XVII non era maior que o existente entre Portugal e Castela. De feito, aragoneses, cataláns, valecianos e baleares foron excluídos da aventura americana ata que no século XVIII os Borbóns decidiron acabar coa separación dos reinos. Aínda que o empeño por construír un Estado Moderno data dos Reis Católicos, coa unificación de certas políticas, o que hoxe coñecemos como España é unha construción que ten trescentos anos de antigüidade. Outras formas de convivencia existiron con anterioridade. E a que resultou relativamente máis próspera e tolerante, o califato de Córdoba, tiña un fundamento político radicalmente diferente ás democracias actuais. Non digo que aqueles tempos fosen mellores. Afirmo que a convivencia é unha flor fráxil que cómpre cultivar diariamente.

E teño que dicir que a conxuntura de hoxe, véspera do 9 de novembro, non é un convite a convivir. Algúns dirán que a culpa é da Generalitat, dos partidos cataláns e dunha cidadanía cabreada e mal informada que procura chivos expiatorios en vez de solucións reais aos seus problemas. Outros dirán que votar non dana a ninguén, e que niso consiste a democracia. Logo hai quen propón que vote todo o mundo, porque se trata dun asunto de Estado. Que vale tanto como dicir que no referendo do Sáhara debe participar todo Marrocos, porque é un asunto da súa incumbencia, e non só o Polisario. Pero tampouco de participar España, a pesar de que foi invadida e abandoou á súa sorte aos seus cidadáns saharahuis en 1975…

Pola miña parte, considero que a autodeterminación das persoas debe ser un principio sagrado da convivencia. E que a autodeterminación dos pobos é unha derivación dese primeiro principio. O que supón considerar que os pobos son construcións históricas, circunstanciais e culturais, que poden ser modificados, agregados, disgregados e reconstituídos nun proceso incesante. Quen afirma que o que quere é garantir a convivencia, que promova a convivencia (máis alá dos marcos concretos en que esta acontece): que non impoña a súa forza para facer fronte ao que considera unha forza contraria. Porque a lóxica do enfrontamento da corpo e realidade aos conflitos. E por ese camiño, a imposibilidade de celebrar un referendo o día 9 de novembro de 2014, lonxe de ser o fin do “proceso soberanista”, coloca a Cataluña no seu ano cero.

Gostaríame que Cataluña e Galicia seguisen compartindo soños a partir de agora. Pero sospeito que os nosos pesadelos son tan diferentes que, cando espertemos, estaremos en mundos distintos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s