Memoria

A Cruz dos Caídos - Vigo

Logo de Camboia (a Campuchea de Pol Pot), España é o segundo país do mundo con máis persoas desaparecidas por causas políticas. Media Europa tivo que enfrontar unha situación máis terríbel e inzada de dor. Pero a vontade de recuperar a democracia e a convivencia logo da Guerra, fixeron que se restablecese a memoria das vítimas. A vida, desde logo, non se lles podía devolver.

Agora a Interpol reclama ao Estado español que deteña 20 altos cargos franquistas. É un aceno que vai ter como única consecuencia a limitación da liberdade de movementos desas persoas en determinados contextos internacionais. Arxentina devolve a España con este aceno a posibilidade de revisar o que alá se chamaron as leis de Obediencia Debida e Punto Final, unha forma macabra de esquecer a represión dos anos de chumbo sen dignificar ás vítimas.

Non parece que aquí vaiamos recoller a luva para restablecer a memoria dos vencidos. Non a nivel de Estado. Queda que a sociedade civil continúe co labor de darlles dereito a unha tumba a quen se lles negou o dereito á vida.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s