Galicia, un pobo con futuro?

Capa do Libro "Galicia, un pobo con futuro?"

O noso devalo demográfico

Hoxe veu á luz esta obra colectiva, redactada baixo a batuta de Manuel Blanco Desar quen, ademais de realizar unha valiosa achega, chamou por xentes do máis dispar para poñernos a pensar colectivamente no que acaso é o máis grave problema do noso ser colectivo como pobo para hoxe e para o futuro que albiscamos.

Edicións Xerais de Galicia permite que podamos gozar, en formato libro, do que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego permitiu que disfrutásemos en vivo. Coa diferenza de que, a peregrinaxe polas cidades e vilas da nosa xeografía só tivo como testemuña continuada ao propio Manuel Blanco; mentres que o lector pode facer o periplo intelectual completo desde a proximidade da escrita, aínda que sen a paixón do intre efémero en que disertamos, discrepamos, enfrontamos os nosos razoamentos apaixonados e, finalmente, procuramos algún consenso que nos dese algo de luz, e que nos permitise seguir vivindo coas nosas sombras.A escada do Museo do Pobo Galego

O grave problema, para min, non é un devalo demográfico que nos sitúa plenamente na xeira do decrecemento que a humanidade vai emprender, inexorablemente, durante o século en que andamos. A cuestión radica en saber se imos de cara a un declive suave ou a unha auténtica crise demográfica, considerada como a redución repentina e traumática da poboación con efectos sobre a convivencia e a nosa realización concreta da nosa cultura. O futuro, de momento, está aberto. Pero parece pecharse inexorablemente sobre o horizonte dunha auténtica crise.

Teremos ocasión de seguir debatendo sobre esta e outras cuestións relacionadas a partir do vindeiro martes, cando se faga a presentación oficial da obra en San Domingos de Bonaval, sede do Museo do Pobo Galego a quen correspondeu esta encomiable iniciativa.

Advertisements

One thought on “Galicia, un pobo con futuro?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s