Máis que nunca contra a violencia de xénero

Un pequeno problema de saúde e a coincidencia coa presentación do libro “Galicia, un pobo con futuro?” impedíronme acudir, como en anos anteriores, á convocatoria de manifestación pública realizada polo Concello de Vigo contra a Violencia de Xénero.

Sen embargo, numerosas vivencias persoais fanme pensar que hoxe máis que nunca este problema é actual, que require conciencia e mobilización. Sobre todo porque asexa o perigo de dar por bos os pequenos avances que se van producindo nas conciencias ou nas estatísticas, sen analizar a fondo os graves retrocesos que se producen noutros ámbitos e que acaban desenbocando en violencia. Non de balde, alén dos golpes a violencia machista invisible é a máis aceptada.

Quero destacar a utilización das novas tecnoloxías ao servizo da submisión e do control das mulleres por parte das súas parellas, a invisibilización das vítimas cando son menores, o silenzo das estatísticas oficiais a respecto das mulleres en exercicio da prostitución e nas formas invisibles de dominación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s