A man armada

Ven de conmocionar á nosa sociedade a morte de dunha unha muller policía en Vigo a mans dun atracador que tamén faleceu a consecuencia do enfrontamento. Outro axente pode perder a vida a consecuencia dun atraco a man armada perpetrado arredor das dúas da tarde no barrio do Calvario. A policía acaba de dar a súa vida en defensa dun ben público, como é o dereito á seguridade, no respecto aos bens alleos e no respecto á vida. Para ela o noso recoñecemento. Para a súa familia, a nosa solidariedade e o noso pesar.

Este tipo de feitos, infrecuentes na nosa sociedade, reforzan a necesidade de contar cun corpo estable e profesional dedicado á protección das vidas e dos medios para mantelas. E, ao mesmo tempo, presentan a oportunidade para reflexionar sobre os abusos de poder que chegan a acontecer cando o Estado detenta o monopolio da violencia para conservar a paz e a convivencia.

Na nosa contorna, a represión das protestas e dos movementos populares encomendóuselle aos corpos de seguridade, reforzando a impresión de que a seguridade é patrimonio das elites financeiras e políticas que nos gobernan. Urxe acabar con esa situación para situar a discusión sobre os nosos marcos de convivencia dentro das normas do diálogo, a discusión e a lexítima protesta.

Máis preocupante aínda é a violencia policial cando decide sobre o dereito á vida máis alá dos marcos da lexítima defensa, como foi o caso de Ferguson, que desencadeou múltiples protestas durante esta semana. Razón tiña o pai da vítima cando repetía que a violencia non era o xeito de reivindicar os dereitos civís da poboación negra dos Estados Unidos. Pero a espiral de violencia cando funciona sen contrapesos comeza pola violencia estrutural, continúa coa represión e retroaliméntase coa violencia incontrolada onde a protesta se mestura co saqueo e a destrución do mobiliario urbano de forma indiscriminada, para incrementar de novo a represión.

Afortunadamente, a nosa sociedade ten mecanismos para evitar esa espiral. E posúe profesionais capaces de desempeñar as funcións relativas ao orde público de forma exemplar. Oxalá que os responsables políticos saiban estar á altura e devolvernos o sentido cívico da protección da vida e dos medios que a sosteñen.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s